Skip to main content

Razoamento avanzado

Estes modelos son útiles cando:

  • hai varias solucións razoables (deseño de actividades, rúbricas, exemplos),
  • necesitas consistencia (checklists, pautas),
  • ou convén descompoñer sen perder restriccións (nivel, tempo, privacidade, formato).

Idea clave: pide alternativas + criterios + selección, non “pensa paso a paso”.


Tree of Thoughts (ToT): explora alternativas e elixe con rúbrica

Es un asistente de deseño didáctico para secundaria e FP.

Tarefa:
- Deseña unha actividade de 50 min sobre “como avaliar a calidade dunha resposta de IA”.

Contexto:
- Nivel: 4º ESO
- Recursos: encerado + móbiles opcionais
- Produto final do alumnado: unha checklist de verificación + 3 correccións xustificadas

Instrucións (ToT):
1) Propón 3 deseños alternativos (A, B, C) con enfoques distintos.
2) Avalía A/B/C con esta rúbrica (0–2 por criterio):
- Obxectivo observable e evidencia
- Realista en 50 min
- Avaliación rápida e usable
- Inclusión (apoio/ampliación)
- Riscos e mitigacións (privacidade/sesgos)
3) Elixe a mellor e entrega SOLO a versión final incorporando melloras.

Saída (Markdown con encabezados fixos):
- Obxectivo e evidencia
- Materiais
- Secuencia minuto a minuto
- Avaliación (checklist + criterios)
- Adaptacións (apoio/ampliación)
- Riscos e mitigacións

Por que funciona:

  • Obliga a explorar opcións (evita a primeira idea mediocre).
  • Converte “mellor/peor” en criterios observables.
  • Pide unha entrega final lista para usar.

Self-consistency: consenso para unha checklist

Es un asistente de docencia.

Tarefa:
- Crear unha checklist para que o alumnado avalíe unha resposta de IA antes de entregala.

Restriccións:
- Máximo 10 ítems.
- Redacta cada ítem como pregunta de Si/Non.
- Sen datos persoais do alumnado.

Instrucións (Self-consistency):
1) Xera 3 propostas independentes de checklist (sen referirte entre si).
2) Constrúe unha checklist final por consenso:
- Conserva os ítems comúns.
- Se engades un non común, xustifica por que é crítico.

Saída (Markdown):
- Checklist final (≤10)
- 2 exemplos de uso (moi breves)

Por que funciona:

  • Reduce variabilidade e “ocorrencias” dunha soa pasada.
  • Produce unha lista curta e estable (ideal para a aula).

Descomposición con restricións (task decomposition / prompt chaining)

Isto é útil cando queres un resultado longo, pero sen perder requisitos globais.

Es un asistente de deseño didáctico para FP.

Tarefa:
- Crear un banco de 12 preguntas tipo test sobre “seguridade e privacidade ao usar IA”.

Contexto:
- Nivel: 1º FP Básica
- Tempo de avaliación: 15 min
- Requisito: distractores plausibles, linguaxe clara, sen preguntas-trampa

Proceso (descomposición):
1) Define un blueprint con 6 subtemas (2 preguntas por subtema).
2) Escribe as 12 preguntas seguindo o blueprint.
3) Revisa coherencia global:
- distribución equilibrada por subtema
- nivel axeitado
- sen afirmacións dubidosas (se o son, marca “a verificar”)
- sen datos persoais

Saída:
- Blueprint (lista numerada)
- Táboa Markdown con columnas: Pregunta | A | B | C | D | Correcta | Xustificación breve

Por que funciona:

  • Controla cobertura (non se “esquece” medio temario).
  • Mantén restricións globais ata o final.