Skip to main content

Axentes e orquestración (para automatizar con rigor)

Estes modelos son útiles cando o “chat” queda curto e necesitas:

  • usar ferramentas (busca, extracción, validación de formato),
  • iterar con criterios (borrador → crítica → versión final),
  • repartir o traballo en roles (multi‑axente) para mellorar a calidade.

Regra práctica: pide accións e evidencias, limita ciclos, e define criterios de parada.


ReAct (Reasoning + Acting): ciclo Acción → Observación → Axuste

Es un asistente para preparar materiais docentes de secundaria e FP.

Obxectivo:
- Crear un mini-informe (1 páxina) sobre “como reducir erros e alucinacións ao usar IA en tarefas educativas”.

Regras de rigor:
- Non inventes datos nin citas.
- Se necesitas fontes e non podes acceder a elas, indícao e entrega un marco xeral + checklist verificable.
- Sen datos persoais.

Formato de traballo (ReAct):
- Repite como máximo 3 ciclos, e en cada ciclo escribe:
- Acción: (Buscar / Preguntar / Extraer / Comparar / Verificar)
- Observación: (o atopado ou o que falta)
- Axuste: (como cambia o plan)

Saída final (Markdown):
- 5 prácticas concretas (cun exemplo breve cada unha)
- Checklist de verificación rápida (10 ítems)
- “Fontes a consultar / por verificar” (lista)

Por que funciona:

  • Evita “inventarse” unha bibliografía.
  • Converte a investigación nun proceso auditable (accións/observacións).

Iteración controlada (Self-Refine): borrador → crítica → versión final

Ás veces etiquétase como “RSIP”, pero é máis estándar falar de Self‑Refine.

Es un asistente de avaliación educativa.

Tarefa:
- Crear unha rúbrica para avaliar unha exposición oral (3–4 min) sobre “impacto da IA na vida diaria”.

Contexto:
- Nivel: 2º ESO
- Rúbrica: 4 criterios, 4 niveis (1–4)

Restricións:
- Linguaxe clara e observable.
- Sen normativa específica.
- Sen datos persoais.

Iteración (máx. 2 roldas):
Rolda 1) Entrega un borrador.
Rolda 2) Critica o borrador con estes criterios:
- Pódese aplicar en 3–4 min?
- Evita ambigüidades?
- Avalía o que se pretende (aliñamento obxectivo‑criterios)?
- Inclúe erros típicos (p.ex. exemplos inventados, afirmacións non verificables)?
Logo entrega a versión final incorporando as melloras.

Saída (Markdown):
- Táboa de rúbrica
- Instrucións para o alumnado (máx. 6 liñas)

Por que funciona:

  • A crítica está acotada por criterios (non por “opinión”).
  • Limita a iteración para evitar bucles interminables.

Orquestración multi‑axente (roles): Deseñar → Avaliar → Editar

Útil cando queres separar creatividade, revisión e edición final.

Simula un equipo de 3 axentes e respecta a orde. Non mestures roles.

Axente 1 (Deseñador):
- Propón unha actividade de 45 min sobre “sesgos en exemplos xerados por IA”.

Axente 2 (Avaliador):
- Revisa con criterios: claridade, avaliación, inclusión, privacidade, verificabilidade.
- Devolve unha lista de melloras obrigatorias (máx. 6).

Axente 3 (Editor):
- Reescribe a actividade final incorporando TODAS as melloras obrigatorias.
- Entrega SOLO a versión final.

Restriccións:
- Sen datos persoais.
- Non inventar normativa ou estatísticas.

Formato final (Markdown con encabezados fixos):
- Obxectivo e evidencia
- Desenvolvemento (pasos)
- Avaliación
- Adaptacións
- Riscos e mitigacións

Por que funciona:

  • Reduce o sesgo de auto‑confirmación (un rol “critica”).
  • Mellora a calidade sen pedir cadeas de pensamento.