Creando aplicacións sen saber programar
Vibe Coding
Vibe coding é un termo acuñado por Andrej Karpathy en febreiro de 2025 para describir unha nova forma de programar onde a IA xera o código e o humano o guía mediante prompts en linguaxe natural.
"The hottest new programming language is English" — Andrej Karpathy
Como funciona?
- Describes o que queres en linguaxe natural
- A IA xera o código
- Executas e observas o resultado
- Iteras con correccións ata conseguir o desexado
Herramientas para Vibe Coding
| Ferramenta | Descrición |
|---|---|
| Claude Artifacts | Crea aplicacións web e as aloxa automaticamente |
| ChatGPT Canvas | Espazo de traballo con edición e execución de código |
| Gemini | Xera código con posibilidade de exportar |
| Cursor / GitHub Copilot | Editores de código con IA integrada |
Vantaxes
- ✅ Non necesitas saber programar para crear aplicacións simples
- ✅ Prototipado moi rápido
- ✅ Ideal para ferramentas educativas pequenas
Limitacións
- ⚠️ O código pode ter erros ou vulnerabilidades
- ⚠️ Difícil de manter se non entendes o código
- ⚠️ Mellor para prototipos que para produción
De Vibe Coding a axentes (automatización con criterios)
O vibe coding adoita describirse como “iterar por sensación” ata que algo funciona. Iso é útil para prototipos, pero en canto queres fiabilidade, convén pasar de “chat” a un fluxo tipo axente.
Que é un axente (na práctica)
Un axente non é “unha IA máis lista”, senón un sistema que:
- persegue un obxectivo (con criterios de aceptación),
- mantén estado (que se intentou, que fallou, que queda),
- pode usar ferramentas (tests, linters, busca, conversores de formato, etc.),
- executa un bucle controlado e detense cando cumpre o obxectivo.
Se queres ver modelos orientados á docencia, aquí tes exemplos listos para reutilizar:
Patróns que funcionan (e como pedilos)
1) Planner/Executor (planificar → executar → validar)
- Pide un plan curto (3–7 pasos), logo execución paso a paso con validación.
- Define unha “Definition of Done”: que probas pasar, que arquivos cambiar, que formato entregar.
2) Critique loop (borrador → crítica → versión final)
- Útil para: rúbricas, actividades, bancos de preguntas, textos explicativos.
- Limita roldas (1–2) e define criterios (claridade, privacidade, verificabilidade).
3) Tool-use / ReAct (Acción → Observación → Axuste)
- Útil para: investigación con fontes, verificación, extracción e re-formateo.
- Pide “accións e observacións” (que fixo e que obtivo). Evita pedir “pensamento paso a paso”.
4) Multi‑axente (roles: deseñar → avaliar → editar)
- Útil cando queres separar creatividade, revisión crítica e edición final.
- Define roles e orde estricta para reducir o sesgo de auto‑confirmación.
Prompts máis útiles ao programar con IA
Cando uses Copilot/Cursor/Canvas/Artifacts, estes requisitos adoitan mellorar moito a calidade:
- Entradas/saídas como contrato: “devólveme só o código”, “encabezados fixos”, “táboa con columnas X”.
- Criterios de parada: “para cando pase X / cando non haxa warnings / cando compile”.
- Restriccións: “non engadir dependencias”, “non inventar datos”, “non usar datos persoais”.
Para a base de prompting (formato, delimitadores, verificación), ver: /docs/prompt
Espazos de traballo en chatbots
Claude Artifacts
Claude Artifacts permite crear e publicar aplicacións web directamente desde o chat.
Guía rápida:
- Visita Claude.ai e accede coa túa conta
- Describe a aplicación que necesitas
- Claude créaa automaticamente e dáche unha ligazón para compartir
- O código alóxase nos servidores de Anthropic
Exemplos de uso educativo:
- Calculadoras interactivas
- Quizzes e xogos educativos
- Visualizacións de conceptos
- Simuladores simples
ChatGPT Canvas
Canvas é o espazo de traballo de ChatGPT para proxectos máis elaborados.
Características:
- Panel de chat + editor integrado
- Edición inline: selecciona código e pide cambios específicos
- Execución de Python: executa código directamente
- Control de versións: desfacer cambios, restaurar versións
- Ferramentas de código: depurar, comentar, refactorizar, traducir a outras linguaxes
Como activalo:
- Automaticamente cando detecta código longo
- Manualmente escribindo "usa canvas" ou "abre un canvas"
Gemini
Gemini tamén pode xerar código e aplicacións, aínda que con menos capacidade de hosting directo. Porén, permite:
- Xerar código en múltiples linguaxes
- Colaborar na edición
- Exportar para usar noutros sitios
Integrar aplicacións en Moodle
Para inserir unha aplicación (coma un Claude Artifact) en Moodle:
Usando a URL da aplicación
Podes usar a URL (a ligazón de Claude Artifacts) para inserila en Moodle directamente cun recurso de tipo "URL".
Usando un iframe
- Obtén a ligazón da túa aplicación
- No teu curso de Moodle, activa o modo de edición
- Engade un recurso ou actividade do tipo "Páxina" ou "Etiqueta"
- Fai clic na icona de código HTML
<> - Pega un código iframe:
<iframe src="https://a-tua-ligazon-de-aplicacion" width="100%" height="600px" frameborder="0"></iframe> - Garda os cambios
Creación de páxinas HTML
Calquera chatbot pode crear páxinas HTML facilmente a golpe de prompt. Despois podes:
- Descargar a páxina e pegar o código nun recurso "Páxina" de Moodle
- Usar un recurso "Etiqueta" para que se sexa directamente na páxina do curso
Recursos relacionados
- Tests para Moodle - Xeración de preguntas importables
- Asistentes personalizados - Crear GPTs e Gems