Tests para Moodle
Esta sección cobre a xeración de preguntas de test con IA para importar a Moodle e outras plataformas de aulas virtuais.
Formatos importables a Moodle
Formato Aiken
- ✅ Sencillo e interpretable
- ❌ Limitado a preguntas de opción múltiple
- ❌ Sen penalización por resposta incorrecta
Exemplo:
Cal é a capital de Francia?
A. Londres
B. París
C. Berlín
D. Madrid
ANSWER: B
Formato GIFT
- ✅ Máis versátil
- ✅ Permite distinta puntuación por resposta
- ✅ Soporta varios tipos de pregunta
- ⚠️ Sintaxe máis complexa
Exemplo:
::Capital de Francia::Cal é a capital de Francia?{
=París
~Londres
~Berlín
~Madrid
}
Xeración con IA
Prompt base para xerar tests
Xera 10 preguntas de opción múltiple en formato [GIFT/Aiken] sobre o seguinte tema: [TEMA].
Requisitos:
- 4 opcións por pregunta
- Só unha resposta correcta
- Variedade de dificultade (fácil, media, difícil)
- As opcións incorrectas deben ser plausibles
GPT personalizado para tests
chatGPT | GPT's
Utilidade
Este prompt utilizouse para crear un GPT personalizado público que xera preguntas de test.
Como crear un asistente para tests
Os asistentes personalizados permiten reutilizar prompts complexos:
En ChatGPT (GPTs):
- Vai a ChatGPT GPTs
- Crea un novo GPT
- En "Instructions", define o prompt para xerar tests
- Garda e comparte a ligazón
En Gemini (Gems):
- Accede a Gemini Gems
- Crea unha nova Gem
- Define as instrucións similares
- Dispoñible para usuarios con Gemini Advanced
Coidado co prompt
Nas instrucións do asistente, NON escribas "Crea un xerador de preguntas de test...". Escribe directamente o prompt que queres que se engada a cada conversa, coma: "Es un experto en avaliación educativa. Cando o usuario che proporcione un tema, xera preguntas de test en formato GIFT..."
Importar a Moodle
- Prepara o arquivo coas preguntas en formato Aiken ou GIFT
- Vai ao banco de preguntas do teu curso
- Selecciona "Importar"
- Elixe o formato (Aiken ou GIFT)
- Sobe o arquivo
- Revisa que as preguntas se importaron correctamente
Exemplo de chat
Boas prácticas
- Revisa sempre: A IA pode xerar preguntas con erros ou ambigüidades
- Varía a dificultade: Pide explicitamente preguntas fáciles, medias e difíciles
- Distractores plausibles: As opcións incorrectas deben ser cribles
- Evita negacións: As preguntas con "NON" ou "EXCEPTO" confunden máis que avalían
- Proba antes de usar: Importa e revisa en Moodle antes de usar nun exame real